Saltar a contenido

Reglamento 2022

Sólo en Gallego

Data e hora

O Club Atletismo Fontes do Sar e o Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago coorganizan, co control técnico do comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo:

A 6ª carreira nocturna SANTYAGO10K, Cidades PATRIMONIO DA HUMANIDADE, sobre unha distancia homologada de 10km en ruta, que se levará a cabo o vindeiro sábado 30 de Abril de 2022 e que dará comezo ás 22:00 horas.

Circuíto

O circuíto foi medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e discorrerá polo casco urbano da cidade de Santiago de Compostela.

O circuíto será pechado ó tráfico e será acotado con valados e outros elementos nos tramos que non exista unha delimitación natural. Será obrigatorio para os participantes correr sempre dentro da zona acotada, estando prohibido o paso por beirarrúas, setos centrais e zonas axardinadas, se non se indica o contrario. O incumprimento desta norma, ou recortar distancia sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descalificación do infractor

Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os oficialmente sinalados pola organización.

Control técnico

A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Peche de control

O peche da proba realizarase unha hora despois do tempo empregado polo primeiro atleta en cruzar a liña de meta ( aproximadamente 1 hora e 30 minutos despois da saída)

Inscricións

A inscrición realizarase a través da pasarela de pago insertada na páxina web oficial do evento, operativa ata as 23:59 horas do domingo 24 de abril; a través do formulario do Paso de Informática da USC, ou de maneira presencial no Multiusos Fontes do Sar ou no Complexo Deportivo Santa Isabel, e no Centro Comercial El Corte Inglés - Departamento de Deportes.

O pago realizarase polas seguintes maneiras ou formas:

  • De forma on-line, por medio de tarxeta de débito/crédito, a continuación do propio proceso de rexistro na páxina web oficial do evento (2022.santyago10k.run).
  • Habilitarase unha opción de inscripción e pago presencial, na recepción do Multiusos Fontes do Sar (rúa Diego Bernal s/n, Santiago de Compostela), no Complexo Deportivo Santa Isabel (rúa Tras Santa Isabel s/n, Santiago de Compostela), e no Centro Comercial El Corte Inglés – Departamento de Deportes (rúa Restollal 50, Santiago de Compostela).
  • Tamén se permite a inscripción a través do Paso de Informática da USC. Será a través dun formulario na súa páxina web (pasoinfo.xyz), cos mesmos datos, y procederán a contactar para realizar o pago. Se permite o pago con transferencia bancaria, Verse ou en efectivo. O prezo será o do momento de realizar o pago, e só se considerará como inscrito unha vez realizado o pago.

Os prezos de inscrición, en función da data, serán os seguintes:

  • Do 12 de marzo ás 00:00 ata o 31 de marzo ás 23:59 horas: 10 euros

  • Do 1 de abril ás 00:00 ata o 24 de abril ás 23:59: 12 euros, ou ata completar @s 1500 participantes.

Non se aceptarán inscricións de ningún tipo, fora dos modos e prazos aquí indicados.

(*) O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, realizarán un desconto especial ós seus aboados, de 2 euros, sobre o prezo no momento da inscrición, a cal deberán realizala de forma presencial antes do domingo 24 de Abril. A organización poderá realizar outros descontos temporais ou puntuais.

Realizaranse varios sorteos o longo da inscrición, aproximadamente cada 250 inscritos, de diversos obxetos doados polas empresas colaboradoras.

A organización poñerase en contacto ca persoa agraciada, tendo ésta 5 días para confirmar a data de recollida do premio no establecimiento correspondente. Transcurrido este tempo sin que se teña constancia por parte do agraciado, anularase e voltará a sortearse de novo. Tódolos premios serán anunciados con anterioridade a través das redes sociais.

Límite de inscricións:

Establécese un límite de 1.500 participantes. Unha vez alcanzado o límite, contabilizando só as inscricións con pago confirmado, pecharase a posibilidade de inscrición.

Devolución da cota de inscrición:

Aceptarase só a devolución parcial da inscrición no caso de enfermidade ou grave lesión, previa presentación ó persoal da organización, do certificado médico oficial. Comunicarase previamente no correo electrónico (info@santyago10k.run) e indicaráselle como proceder.

O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do certificado médico. O 75% da cota se se presenta ata o domingo 17 de abril, ou o 50% se se presenta despois desa data. En caso contrario, non se procederá o reembolso. Para outros supostos xustificados, a organización valorará, se procede, a devolución parcial da cota.

Entrega de dorsais e chips

As datas previstas para a recollida serán:

  • Venres 29 de Abril:
    • 10:00 a 22:00: Centro Comercial El Corte Inglés – Departamento de Deportes (rúa Restollal 50, Santiago de Compostela).
  • Sábado 30 de Abril, día da carreira:
    • 10:00 a 14:00: Centro Comercial El Corte Inglés – Departamento de Deportes (rúa Restollal 50, Santiago de Compostela).
    • 16:00 a 21:00: Praza do Obradoiro.

Uso de dorsais e chips

Os dorsais son persoais e intransferibles, deberanse colocar durante o transcurso da proba, na parte frontal do corpo, de forma totalmente visible e sen dobreces. O chip está integrado directamente no dorsal.

Non serán admitidos pola organización corredores que non están inscritos oficialmente ou corran sen dorsal ou sen chip, ou que pertenzan a outra carreira

O incumprimento de calquera punto deste artigo será motivo de descalificación e verase obrigado a abandonar o trazo na defensa dos dereitos dos corredores lexitimamente inscritos.

Cronometraxe

A cronometraxe estará a cargo da empresa EME SPORT, mediante o sistema sport tag ou chip.

Habilitaranse varios puntos de control o longo do percorrido. Os participantes que non pasen por tódolos puntos de control, poderán ser descalificados, si así o decide o xuíz arbitro da proba.

Caixóns de saída

No momento da inscrición os participantes poderán acreditar unha marca oficial obtida anteriormente en carreiras de 10km en ruta homologadas. En base a ditas marcas asignaranse diferentes caixóns de saída que axudarán a que a mesma sexa máis fluída e ordeada. Dita distribución reflexarase nos dorsais proporcionados pola organización.

A organización terá o dereito de reservar determinadas prazas para atletas invitados expresamente para o evento.

Estableceranse polo menos cinco caixóns de saída, tendo a organización a opción de modificar este reparto en función do número de atletas inscritos que acrediten cada marca, dividindo en máis grupos si se considera beneficioso para a seguridade da proba. Os caixóns previstos son:

  • Caixón 1: Marcas inferiores a 40 minutos
  • Caixón 2: Marcas entre 40 e 45 minutos
  • Caixón 3: Marcas entre 45 e 55 minutos
  • Caixón 4: Marcas máis de 55 minutos
  • Caixón 5: Sen marca previa

Os corredores estarán nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial da saída.

Categorías

Establécense as seguintes categorías de competición:

  • Categoría Xeral Absoluta, masculina e feminina
  • Categoría Sub20/ Sub23/ e Senior, masculina e feminina: atletas nados/as entre 1988 e 2004
  • Categoría Master A, masculina e feminina: atletas dende o día que cumpran 35 anos ata os 45 anos (nados/as entre 1977 e 1987)
  • Categoría Master B, masculina e feminina: atletas comprendidos/as entre idades de 46 a 56 anos (nados/as entre 1966 e 1976)
  • Categoría Master C, masculina e feminina: atletas con idades superiores a 56 anos (nados/as entre 1900 e 1966)

Os atletas Sub 20 deberán ter cumpridos os 18 anos antes da data da carreira.

Medios físicos

Os participantes deberán competir polos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materias de ningún tipo. Calquera dúbida o respecto poderá ser consultada ca organización a través do correo electrónico (info@santyago10k.run) e indicaráselle como proceder.

A excepción dos designados pola organización, non está permitido o acompañamento na carreira por ningún vehículo, bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira (acompañantes, para avituallamento ou para marcar ritmos).

Debido que as condicións do trazado non son óptimas e velando pola súa seguridade, quedan excluídas de participación, coches e cadeiras de nenos, animais, nin poderán correr acompañados en ningún momento.

Avituallamentos

Seguindo as normas da FGA e RFEA para probas en ruta, instalarase un posto de avituallamento líquido arredor do quilómetro 5 e outro na liña de meta.

Poñeranse a disposición dos corredores, contedores para a recollida de lixo, de uso obrigatorio.

Servizos médicos

A proba dispoñerá dos servizos Médicos obrigatorios, tanto na liña de meta coma en varios puntos o longo do percorrido.

Recomendamos a tódolos participantes encher a parte posterior do dorsal cos datos de nome e apelidos completos, teléfono en caso de emerxencia, se está baixo algún tratamento específico, se ten algún problema médico (alerxias, atencións especiais, etc), así coma o seu grupo sanguíneo.

Outros servizos

A organización poñerá a disposición dos participantes un servizo de gardarroupa preto da liña de saída, avituallamento de meta e duchas a finalización da proba. Tamén habilítanse e sinalizaranse baños na zoa de saída, meta e outros puntos do percorrido.

Darase máis información detallada sobre localización de aparcadoiro, duchas, gardarroupa, e outros servizos a través da web da carreira 2022.santyago10.es

Clasificación

Realizaranse as seguintes clasificacións:

  • Clasificación xeral absoluta, masculina e feminina;
  • Clasificación por categorías, masculina e feminina: Sub20/, Sub23/, Senior e Master A, B, C.

Premios

Repartiranse os seguintes premios en metálico:

  • Categoría masculina:
    • 1ª posición absoluta: 300 €
    • 2ª posición absoluta: 200 €
    • 3ª posición absoluta: 100 €
    • 4ª posición absoluta: 75 €
    • 5ª posición absoluta: 50 €
  • Categoría feminina:
    • 1ª posición absoluta: 300 €
    • 2ª posición absoluta: 200 €
    • 3ª posición absoluta: 100 €
    • 4ª posición absoluta: 75 €
    • 5ª posición absoluta: 50 €
  • Premio especial de 100€, para o atleta que consiga rebaixar o record da proba:
    • Masculino: Establecido en 31.27 minutos, no ano 2019, en posesión do atleta D. Daniel Santos Domínguez.
    • Femenino: Establecido en 34.38 minutos, no ano 2019, en posesión da atleta Dna. Edymar Daniely Brea Abreu.

Tamén obterán trofeo ós tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.

Os dorsais reservados para os peregrinos e para a organización, non optarán a ningún premio xa que estes dorsais serán inscritos no mesmo día da proba. Entrarán no cronometraxe da proba pero non no cómputo para os premios.

Obterán tamén trofeo as seguintes categorías especiais:

  • Equipo con máis participantes chegados a meta
  • Equipo Federado mellor clasificado na proba absoluta (mínino 5 participantes, e puntuarán os 3 primeiros)
  • Equipo NON Federado mellor clasificado na proba absoluta (mínino 5 participantes, e puntuarán os 3 primeiros)
  • Premio especial “Cándido Calvo”, para o/a atleta de maior idade que finalice a proba, indistintamente sexa home ou muller
  • O 1º corredor local masculino e femenino da clasificación da proba absoluta

Para poder optar ós premios é importante coñecer que:

  • Os premios non serán acumulables, a excepción do premio especial do record da proba.
  • Para optar a participación do equipo con máis participantes, e equipo Federado ou NON Federado mellor clasificado, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico a dirección info@santyago10k.run un listado detallando os membros computables o efecto.
  • En caso de empate entre clubs/grupos, premiarase o que menor suma total de tempos empregasen en rematar a proba, igualmente para os corredores de maior idade.
  • Os premiados na categoría de corredores de maior idade deberán acreditar a súa idade cun documento oficial (DNI, Pasaporte ou similar).
  • Os premiados na categoría de empadroados en Santiago de Compostela (corredor local), deberán acredítalo cun documento oficial (DNI, pasaporte ou similar).

Entrega de premios

O día da carreira, trala publicación de resultados no taboleiro de anuncios, farase a entrega de premios no estrado instalado na Praza do Obradoiro.

Os atletas premiados deberán atoparse na zona do pódium e estar atentos a súa chamada no momento que se faga o anuncio por altofalantes. Será necesario presentar o DNI ou pasaporte a efectos de identificación.

Reclamacións

Tódalas reclamación deberán efectuarse verbalmente o Xuíz Árbitro da proba, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da hora da publicación dos resultados oficiais.

Descalificacións

Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba, o atleta que manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira ou os corredores/as que non respeten as indicacións do persoal da Federación Galega de Atletismo, Policía Local, Protección Civil, Servizos Médicos, Voluntarios ou calquera membro da organización debidamente identificado.

Os Xuíces da proba terán a facultade de descalificar por infracción a quen non leve visiblemente o seu dorsal, o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados a organización con respecto o que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido establecido ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.

Os corredores/as descalificados/as non terán opción a premios nin trofeos.

Responsabilidade

O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización de dita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil, que cubrirá as incidencias da proba.

Participación de estranxeiros

A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas estará regulada pola normativa publicada na páxina oficial da RFEA, no seu artigo 3.4 (páxina 72 do manual), artigo que poderán consultar no seguinte enlace: Reglamentación RFEA 2014-2015.

Protección de datos

Tódolos corredores/as o realizar a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación, internet, ou calquera outro medio que a organización puidera requirir.

Mediante a inscrición, o participante consente expresamente que os seus datos sexan cedidos e utilizados polos organizadores de eventos, as empresas que participan na organización, os patrocinadores e a Federación Galega de Atletismo, En todo caso, e de conformidade có establecido no RGPD, informase que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:

  • Un ficheiro, cuxo responsable de tratamento será o Clube de Atletismo Fontes do Sar, e cuxa finalidade será a xestión de actividades realizadas baixo a responsabilidade do Concello. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos persoais neste ficheiro poderán facerse por correo electrónico na dirección info@santyago10k.run.
  • Un ficheiro que como responsable de tratamento será a Federación Galega de Atletismo, e cuxa finalidade será a xestión de actividades realizadas baixo a responsabilidade da Federación Galega de Atletismo. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos persoais neste ficheiro poderán facerse ante a Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín Díaz nº 1 - Complexo Deportivo de Elviña - 15002 A Coruña).
  • Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición, o corredor/a consinte expresamente que os seus datos básicos (Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de Nacemento, Sexo e Código Postal de residencia), sexan enviados a Real Federación Española de Atletismo, para a xestión das licenzas de día, resultados e ranking. A posesión dunha licenza garante que o corredor/a participa cuberto polo seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos.

Compromiso

A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

Cambios no regulamento

A organización reservase o dereito de facer algún cambio no presente regulamento, se así fose necesario, debendo comunícalo na web oficial, redes sociais e por medio de correo electrónico a aqueles inscritos que o facilitaran durante a inscrición.

COVID-19

Esta edición cumprirá en todo momento coa normativa establecida para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID-DXT GALEGO, da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, vixente na data da celebración da proba, e en función da evolución da pandemia, estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19 que establezcan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que, a organización, o Concello de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Atletismo, por causas de forza maior, reservarase o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios, previo acordó entre ambas partes, e que serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.

CONSIDERACIÓN FINAL

Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.


Última actualización: 22 de mayo de 2022