Regulamento 2024¶
Data e hora¶
O Club Atletismo Fontes do Sar e o Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago coorganizan, co control técnico do comité galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo:
A 8ª carreira nocturna SANTYAGO10K, Cidades PATRIMONIO DA HUMANIDADE, sobre unha distancia homologada de 10km en ruta urbana, que se levará a cabo o vindeiro sábado 27 de Abril de 2024 e que dará comezo ás 22:00 horas.
Circuíto¶
O circuíto foi medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e discorrerá polo casco urbano da cidade de Santiago de Compostela.
O circuito será pechado ao tráfico e será acotado con valados e outros elementos nos tramos que non exista unha delimitación natural. Será obrigatorio para os participantes correr sempre dentro da zona acotada e estará prohibido o paso por beirarrúas, setos centrais e zonas axardinadas, se non se indica o contrario. O incumprimento desta norma, ou recortar distancia sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descalificación do infractor.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os oficialmente sinalados pola organización.
Control técnico¶
A carreira estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Peche de control¶
O peche da proba realizarase unha hora despois do tempo empregado polo primeiro atleta en cruzar a liña de meta ( aproximadamente 1 hora e 30 minutos despois da saída).
Inscricións¶
A inscrición realizarase a través de calquera dos seguintes medios autorizados:
- De maneira on-line, a través da páxina web oficial do
evento (https://2024.santyago10k.run/).
- O pagamento realizarse de maneira on-line por medio de tarxeta de débito/crédito na plataforma na mesma páxina.
- De maneira presencial, no Multiusos Fontes do Sar ou no Complexo Deportivo Santa Isabel.
- O pagamento realizarase de maneira presencial en efectivo.
Os prezos de inscrición, en función da data, serán os seguintes ata completar @s 1500 participantes:
- Do 26 de febreiro ás 00:00 ata o 31 de marzo ás 23:59 horas: 10 euros.
- Do 1 de abril ás 00:00 ata o 21 de abril ás 23:59: 13 euros.
- Do 22 de abril as 00:00 ata o 24 de abril as 23:59: 20 euros.
- Só dispoñible de maneira on-line a través da páxina web oficial do evento
Non se aceptarán inscricións de ningún tipo fóra dos modos e prazos aquí indicados. A organización resérvase o dereito de realizar posibles descontos na cota de inscrición tanto dentro como fóra dos prazos indicados.
Desconto Multiusos
O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, realizarán un desconto especial aos seus abonados, de 2 euros, sobre o prezo no momento da inscrición. A organización poderá realizar outros descontos puntuais ou temporais, así como permitir inscricións anticipadas restrinxidas.
Realizaranse varios sorteos ao longo do prazo de inscrición, aproximadamente cada 250 inscritos, de diversos obsequios doados polas empresas colaboradoras.
A organización poñerase en contacto coa persoa agraciada. Esta disporá de 5 días para confirmar a data de recollida do premio no establecemento correspondente. Transcorrido este tempo sen que se teña constancia por parte do agraciado, anularase e voltará a se sortear de novo. Todos os premios serán anunciados con anterioridade a través das redes sociais.
Límite de inscricións¶
Establécese un límite de 1.500 participantes. Unha vez alcanzado o límite, contabilizando só as inscricións con pago confirmado, pecharase a posibilidade de inscrición.
Devolución da cota de inscrición¶
Aceptarase só a devolución parcial da inscrición no caso de enfermidade ou grave lesión, previa presentación ao persoal da organización do certificado médico oficial. Cómpre comunicalo previamente no correo electrónico (info@santyago10k.run) e serán dadas as indicacións sobre como proceder.
O importe da devolución será determinado pola data de presentación do certificado médico. Será reembolsado o 75% da cota presentando o xustificante ata o domingo 14 de abril e o 50% presentándoo ata o domingo 21 de abril. A partir desta data non se procederá a reintegro da inscrición.
Entrega de dorsais e chips¶
As datas previstas para a recollida serán:
- Venres 26 de Abril
- 10:30 a 21:30: Centro Comercial de El Corte Inglés Compostela - Departamento de Deportes (rúa Restollal 50, Santiago de Compostela).
- Sábado 27 de Abril (día da carreira)
- 10:30 a 14:00: Centro Comercial de El Corte Inglés Compostela - Departamento de Deportes (rúa Restollal 50, Santiago de Compostela).
- 16:00 a 21:00: Praza do Obradoiro.
Esta información está pendente de confirmación.
Uso de dorsais e chips¶
Os dorsais son persoais e intransferibles. Durante o transcurso da proba deberán ser colocados na parte frontal do corpo, de forma totalmente visible e sen dobreces. O chip está integrado directamente no dorsal.
Non serán admitidos pola organización aquelas persoas participantes que non estean inscritos oficialmente ou corran sen dorsal ou sen chip, ou que pertenzan a outra carreira.
O incumprimento de calquera punto deste artigo será motivo de descalificación e verase obrigado a abandonar o trazado na defensa dos dereitos dos corredores lexitimamente inscritos.
Cronometraxe¶
A cronometraxe estará a cargo da empresa EME SPORT mediante o sistema sport tag ou chip.
Habilitaranse varios puntos de control ao longo do percorrido. Os participantes que non pasen por todos os puntos de control poderán ser descalificados se así o decide o xuíz árbitro da proba.
Caixóns de saída¶
No momento da inscrición os participantes poderán acreditar unha marca oficial obtida anteriormente en carreiras de 10km en ruta homologadas. En base a estas marcas asignaranse diferentes caixóns de saída que axudarán a que a carreira sexa máis fluída e ordenada. Esta distribución reflexarase nos dorsais proporcionados pola organización.
A organización terá dereito a reservar determinadas prazas para atletas invitados expresamente para o evento.
Estableceranse polo menos catro caixóns de saída, se ben a organización poderá modificar este reparto en función do número de atletas inscritos que acrediten cada marca, dividindo en máis grupos se se considera beneficioso para a seguridade da proba. Os caixóns previstos son:
- Caixón 1: Marcas inferiores a 40 minutos
- Caixón 2: Marcas entre 40 e 45 minutos
- Caixón 3: Marcas entre 45 e 55 minutos
- Caixón 4: Marcas máis de 55 minutos, ou sen marca previa
Os corredores estarán nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial da saída.
Categorías¶
Establécense as seguintes categorías de competición, tendo en conta a idade cumprida no día da carreira.
- Clasificación xeral absoluta, masculina e feminina.
- Categoría Sénior, masculina e feminina: atletas dende o día de cumpran 18 anos (deberán ter feitos os 18 anos antes da data da carreira), ata os 34 anos.
- Categoría Máster A, masculina e feminina: atletas dende o día que cumpran 35 anos ata os 45 anos.
- Categoría Máster B, masculina e feminina: atletas dende o día que cumpran 46 anos ata os 56 anos.
- Categoría Máster C, masculina e feminina: atletas con idades superiores a 56 anos.
Medios físicos¶
Os participantes deberán competir polos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materias de ningún tipo. Calquera dúbida ao respecto poderá ser consultada coa organización a través do correo electrónico (info@santyago10k.run) e seralle indicado como proceder.
A excepción dos designados pola organización, non está permitido o acompañamento na carreira por ningún vehículo, bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira (sexan acompañantes, para avituallamento ou para marcar ritmos).
Debido a que as condicións do trazado non son óptimas e co obxectivo de velar pola súa seguridade, quedan excluídos de participación coches, cadeiras de nenos ou animais. Non poderán correr acompañados en ningún momento.
Avituallamentos¶
Seguindo as normas da FGA e RFEA para probas en ruta, instalarase un posto de avituallamento líquido arredor do quilómetro 5 e outro na liña de meta.
Poñeranse a disposición dos corredores colectores para a recollida de lixo, de uso obrigatorio.
Servizos médicos¶
A proba dispoñerá dos servizos médicos obrigatorios, tanto na liña de meta como en varios puntos ao longo do percorrido.
Recomendamos a todas as persoas participantes indicar na parte posterior do dorsal os datos de nome e apelidos completos, teléfono en caso de emerxencia, información sobre tratamentos específicos ou problemas médicos particulares ( alerxias, atencións especiais, etc), así coma o seu grupo sanguíneo.
Outros servizos¶
A organización poñerá a disposición dos participantes un servizo de gardarroupa preto da liña de saída, avituallamento de meta e duchas á finalización da proba. Tamén se habilitarán e sinalizarán baños na zona de saída, meta e outros puntos do trazado.
Darase máis información detallada sobre a localización de estacionamento, duchas, gardarroupa e outros servizos a través da web do evento.
Clasificación¶
Realizaranse as seguintes clasificacións:
- Clasificación xeral absoluta, masculina e feminina.
- Clasificación por categorías, masculina e feminina: Sénior e Master A, B, C.
Premios¶
Repartiranse os seguintes premios en metálico:
- Categoría masculina:
- 1ª posición absoluta: 300 €
- 2ª posición absoluta: 200 €
- 3ª posición absoluta: 100 €
- 4ª posición absoluta: 75 €
- Categoría feminina:
- 1ª posición absoluta: 300 €
- 2ª posición absoluta: 200 €
- 3ª posición absoluta: 100 €
- 4ª posición absoluta: 75 €
- Premio especial de 100€, para o atleta que consiga rebaixar o record da proba:
- Masculino: Establecido en 32:16 minutos, no ano 2023, en posesión do atleta D. Jorge Puig Malvar.
- Femenino: Establecido en 37:02 minutos, no ano 2023, en posesión da atleta Dna. María Cedrón Aira.
Tamén obterán trofeo os tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría e da clasificación absoluta.
Os dorsais reservados para os peregrinos e para a organización non optarán a ningún premio, xa que estes dorsais serán inscritos no mesmo día da proba. Entrarán no cronometraxe da proba pero non no cómputo para os premios.
Obterán tamén trofeo as seguintes categorías especiais:
- Equipo con máis participantes chegados a meta.
- Equipo Federado mellor clasificado na proba absoluta (mínimo 5 participantes, e puntuarán os 3 primeiros).
- Equipo NON Federado mellor clasificado na proba absoluta (mínimo 5 participantes, e puntuarán os 3 primeiros).
- Premio especial “Cándido Calvo”, para o/a atleta de maior idade que finalice a proba, indistintamente de que sexa home ou muller
- O 1º corredor local masculino e femenino da clasificación da proba absoluta
Para poder optar aos premios é importante coñecer que:
- Toda a premiación é acumulable, a obtención de calqueira premio (xa sexa en metálico ou como trofeo) non exime da obtención de calqueira outro. Por exemplo, o corredor que acade a 1ª posición na clasificación absoluta tamén obterá a 1ª posición na respectiva clasificación por categorías, recibindo a premiación correpondente en ambas.
- Para optar á participación do equipo con máis participantes, e equipo Federado ou NON Federado mellor clasificado, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente (especificando no formulario de inscrición o equipo ao que pertencen) e posteriormente deberán enviar por correo electrónico a dirección info@santyago10k.run un listado detallando os membros computables ao efecto. A data límite para enviar este listado é o 24 de abril ás 23:59.
E imprescindible o cumprimento destes dous requisitos para obtar á premiación por equipos.
- En caso de empate entre equipos, premiarase o que menor suma total de tempos empregasen en rematar a proba.
- En caso de empate na data de nacemento na categoría de corredores de maior idade “Cándido Calvo”, premiarase o corredor que menor tempo empregase en rematar a proba.
- Enténdese como corredor local calquera corredor do Concello de Santiago de Compostela.
Toda a premiación deberá ser acreditada cun documento oficial (DNI, pasaporte ou similar).
Entrega de premios¶
O día da carreira, tras a publicación de resultados no taboleiro de anuncios, farase a entrega de premios no estrado instalado na Praza do Obradoiro.
Os atletas premiados deberán atoparse na zona do pódium e estar atentos a súa chamada no momento que se faga o anuncio por altofalantes. Será necesario presentar o DNI, pasaporte ou similar a efectos de identificación.
Reclamacións¶
Todas as reclamacións deberán efectuarse verbalmente ao Xuíz Árbitro da proba, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da hora da publicación dos resultados oficiais.
Descalificacións¶
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba ao atleta que manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira ou aos corredores/as que non respeten as indicacións do persoal da Federación Galega de Atletismo, Policía Local, Protección Civil, Servizos Médicos, Voluntarios ou calquera membro da organización debidamente identificado.
Os Xuíces da proba terán a facultade de descalificar por infracción a quen non leve visiblemente o seu dorsal, o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido establecido ou incumpra calqueira outra norma contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Os corredores/as descalificados/as non terán opción a premios nin trofeos.
Responsabilidade¶
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo a organización de dita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil, que cubrirá as incidencias na proba.
Participación de estranxeiros¶
A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas estará regulada pola normativa publicada na páxina oficial da RFEA, nos seus artigos 14, 15 e 16, que podrán consultar no seguinte enlace https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pdf
Protección de datos¶
Todos os/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación, internet, ou calquera outro medio que a organización puidese requirir.
Mediante a inscrición, o participante consinte expresamente que os seus datos sexan cedidos e utilizados polos organizadores de eventos, as empresas que participan na organización, os patrocinadores e a Federación Galega de Atletismo, En todo caso, e de conformidade co establecido no RGPD, infórmase que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
- Un ficheiro, cuxo responsable de tratamento será o Club de Atletismo Fontes do Sar, e cuxa finalidade será a xestión de actividades realizadas baixo a responsabilidade do Concello. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos persoais neste ficheiro poderán facerse por correo electrónico na dirección info@santyago10k.run.
- Un ficheiro que como responsable de tratamento será a Federación Galega de Atletismo, e cuxa finalidade será a xestión de actividades realizadas baixo a responsabilidade da Federación Galega de Atletismo. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos persoais neste ficheiro poderán facerse ante a Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín Díaz nº 1 - Complexo Deportivo de Elviña - 15002 A Coruña).
- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición, o corredor/a consinte expresamente que os seus datos básicos (Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de Nacemento, Sexo e Código Postal de residencia) sexan enviados a Real Federación Española de Atletismo, para a xestión das licenzas de día, resultados e ránking. A posesión dunha licenza garante que o corredor/a participa cuberto polo seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos.
Compromiso¶
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Cambios no regulamento¶
A organización reservase o dereito de facer algún cambio no presente regulamento se así fose necesario. Estas modificacións serán comunicadas na web oficial, redes sociais e por medio de correo electrónico a aqueles inscritos que facilitasen o seu contacto durante a inscrición.
CONSIDERACIÓN FINAL¶
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.